PROGRAMA 2026

Consulta todas as actividades da Semana Santa de Betanzos

DOMINGO DE RAMOS

Domingo de Ramos na Paixón do Señor, cando o noso señor Xesucristo, como indica a profecía de Zacarías, entrou en Xerusalén sentado sobre un asno de borrica e ao seu encontro saíu a multitude con ramos de oliveiras.

09:00 h Misa na igrexa das Madres Agostiñas.


11:00 h Beizón de ramos no adro da igrexa de San Domingos e procesión ata a igrexa de San Francisco. 12:00 h Misa solemne de Domingo de Ramos na igrexa de San Francisco. Finalizada a Santa Misa, regreso da procesión ata o templo de San Domingos.

N.B. Acompañará a procesión a Banda de Música de Abegondo e a Banda Municipal de Música de Betanzos.


19:30 h Misa na igrexa de San Domingos.

MARTES 31 DE MARZO

NA IGREXA DE SAN DOMINGOS


Ás 19:00 h celebración penitencial con confesións e misa.

MÉRCORES 1 DE ABRIL

NA IGREXA DAS MADRES AGOSTIÑAS

A las 19:30 h Misa.


A las 20:00 h Procesión VIA CRUCIS, polo centro histórico, desde a igrexa das Angustias ata a igrexa de Santa María do Azougue.

N.B. Acompañará a procesión a sección de percusión da Agrupación musical Virxe da Amargura de Ferrol.

XOVES SANTO

Coa Misa da Cea do Señor evocamos aquela cea na cal o Señor Xesús, na noite en que ía ser entregado , e logo de amar aos seus que estaban no mundo, ofreceulle a Deus Pai o seu Corpo e o seu Sangue baixo as especies do pan e do viño e llelos entregou aos apóstolos para que os sumisen, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén o ofrecesen.

CELEBRACIÓNS: 

MISA DA CEA DO SEÑOR 
16:30 h: Residencia García Irmáns
18:00 h: Igrexa das Madres Agostiñas
19:00 h: Igrexa de San Domingos

HORA SANTA
22:00 h: Igrexa das Madres Agostiñas
23:30 h: Igrexa de San Domingos


PROCESIÓNS:

PROCESIÓN DO SANTO ENCONTRO ás 21:30 horas:
Desde a igrexa de Santa María:
Paso de Xesús atado á columna
Paso de Xesús Nazareno de Medinaceli

Desde a igrexa de San Francisco
Paso do Ecce Homo
Paso do Calvario

Desde a igrexa de Santiago
Paso da Virxe Dolorosa

Na praza da Constitución:
CERIMONIA DO SANTO ENCONTRO

No adro de Santa María:
CERIMONIA DE DESPEDIDA

N.B. Participarán a soprano Clara Jelihovschi Panas e o pianista David Jelihovschi. Acompañarán a procesión a Banda de gaitas e tambores Zucurrundullo de Castroverde (Lugo), a Banda de Gaitas Agarimo de Ferrol, a Banda de Música de Abegondo e a Grupo de Gaiteiros das Mariñas.

VENRES SANTO

A Igrexa, meditando sobre a Paixón do seu Señor e esposo e adorando a Cruz, conmemora o seu propio nacemento e a súa misión de estender a toda a humanidade os seus fecundos efectos, que hoxe celebra, dando grazas por tan inefable don, e intercede pola salvación de todo o mundo.

CELEBRACIÓNS:

VIA CRUCIS
12:00 h: Na igrexa de San Domingos

CELEBRACIÓN DA MORTE DO SEÑOR
15:30 h: Residencia García Irmáns
17:00 h: Igrexa de San Domingos


PROCESIÓNS:

19:30 h: SANTO ENTERRO
Sairá da igrexa de San Domingos cos pasos do Cristo das Ánimas, a Nosa Señora da Angustia, o Santo Sepulcro e a Nosa Señora da Soidade

N.B. Acompañarán a procesión a Agrupación musical Virxe da Amargura e a Banda das Angustias, ambas de Ferrol. 

22:00 h: OS CALADIÑOS
Sairá da igrexa de San Francisco cos pasos da Santa Cruz e da Nosa Señora das Dores.

N.B. Acompañará esta procesión a Agrupación musical Virxe da Amargura, de Ferrol. En ambas as procesións participarán a soprano Clara Jelihovschi Panas e o pianista David Jelihovschi.

SÁBADO SANTO

Durante o sábado santo a Igrexa permanece xunto ao sepulcro do Señor, meditando a súa paixón e morte, o seu descenso aos infernos, e abstense absolutamente do sacrificio da misa.

Segundo unha antiguísima tradición, esta é unha noite de vela na honra do Señor e da vixilia que ten lugar nesta, e conmemórase a noite santa na que o Señor resucitou, debe considerarse como «a nai de todas as santas vixilias» (Santo Agostiño). Durante a vixilia, a Igrexa agarda a resurrección do Señor. Esta vixilia é figura da Pascua auténtica de Cristo, da noite da verdadeira liberación, na cal «rotas as cadeas da morte, Cristo ascende vitorioso do abismo».

VIXILIA  PASCUAL

19:00 h: Residencia García Irmáns
21:00 h: Igrexa das Madres Agostiñas
21:30 h: Igrexa de San Domingos

DOMINGO DE PASCUA

Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade da solemnidade e a nosa Pascua: a resurrección do noso Salvador Xesucristo segundo a carne.

CELEBRACIÓNS DA MISA DE PASCUA

09:00 h: Igrexa das Madres Agostiñas
10:00 h: Igrexa da Nosa Señora dos Remedios
12:30 h: Igrexa de San Domingos
18:30 h: Igrexa de San Francisco
19:30 h: Igrexa de San Domingos

FELIZ  PASCUA  DE RESURRECCIÓN