COFRADÍA SEMANA SANTA BETANZOS

Vivamos a Semana Santa

A Semana Santa é o momento litúrxico máis intenso de todo o ano. Non obstante, para moitos católicos converteuse só nunha ocasión de descanso. Esqueceron o esencial: esta semana debémola dedicar á oración e a reflexión nos misterios da Paixón e Morte de Xesús.

Para vivir a Semana Santa, debemos darlle a Deus o primeiro lugar e participar en toda a riqueza das celebracións propias deste tempo litúrxico.

Esta semana comeza co Domingo de Ramos e remata co Domingo de Pascua.

Vivir a Semana Santa é acompañar a Xesús coa nosa oración, sacrificios e o arrepentimento dos nosos pecados. Asistir ao Sacramento da Penitencia nestes días para morrer ao pecado e resucitar con Cristo o día de Pascua.

O importante deste tempo non é o lembrar con tristura o que Cristo padeceu, senón entender por que morreu e resucitou.é celebrar e revivir a súa entrega á morte por amor a nós e o poder da súa Resurrección, que é primicia da nosa.

FELIZ PASCUA DO SEÑOR!