SEMANA SANTA DE BETANZOS

¡Vívea con nós!

Vivir a Semana Santa é acompañar a Xesús coa nosa oración, sacrificios e o arrepentimento dos nosos pecados. Asistir ao Sacramento da Penitencia nestes días para morrer ao pecado e resucitar con Cristo o día de Pascua. O importante deste tempo non é o lembrar con tristura o que Cristo padeceu, senón entender porqué morreu e resucitou e celebrar e revivir a súa entrega á morte por amor a nós e o poder da súa Resurrección, que é primicia da nosa. ¡Ven a celebralo con nós! Agardámoste na Semana Santa de Betanzos.

PROGRAMA 2026

Consulta todas as actividades da Semana Santa de Betanzos

DOMINGO DE RAMOS

Domingo de Ramos na Paixón do Señor, cando o noso señor Xesucristo, como indica a profecía de Zacarías, entrou en Xerusalén sentado sobre un asno de borrica e ao seu encontro saíu a multitude con ramos de oliveiras.

09:00 h Misa na igrexa das Madres Agostiñas.

11:00 h Beizón de ramos no adro da igrexa de San Domingos e procesión ata a igrexa de San Francisco. 12:00 h Misa solemne de Domingo de Ramos na igrexa de San Francisco. Finalizada a Santa Misa, regreso da procesión ata o templo de San Domingos.

N.B. Acompañará a procesión a Banda de Música de Abegondo e a Banda Municipal de Música de Betanzos.

19:30 h Misa na igrexa de San Domingos.

MARTES 31 DE MARZO

NA IGREXA DE SAN DOMINGOS

Ás 19:00 h celebración penitencial con confesións e misa.

MÉRCORES 1 DE ABRIL

NA IGREXA DAS MADRES AGOSTIÑAS

A las 19:30 h Misa.

A las 20:00 h Procesión VIA CRUCIS, polo centro histórico, desde a igrexa das Angustias ata a igrexa de Santa María do Azougue.

N.B. Acompañará a procesión a sección de percusión da Agrupación musical Virxe da Amargura de Ferrol.

XOVES SANTO

Coa Misa da Cea do Señor evocamos aquela cea na cal o Señor Xesús, na noite en que ía ser entregado , e logo de amar aos seus que estaban no mundo, ofreceulle a Deus Pai o seu Corpo e o seu Sangue baixo as especies do pan e do viño e llelos entregou aos apóstolos para que os sumisen, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén o ofrecesen.

CELEBRACIÓNS: 

MISA DA CEA DO SEÑOR 
16:30 h: Residencia García Irmáns
18:00 h: Igrexa das Madres Agostiñas
19:00 h: Igrexa de San Domingos

HORA SANTA
22:00 h: Igrexa das Madres Agostiñas
23:30 h: Igrexa de San Domingos

PROCESIÓNS:

PROCESIÓN DO SANTO ENCONTRO ás 21:30 horas:
Desde a igrexa de Santa María:
Paso de Xesús atado á columna
Paso de Xesús Nazareno de Medinaceli

Desde a igrexa de San Francisco
Paso do Ecce Homo
Paso do Calvario

Desde a igrexa de Santiago
Paso da Virxe Dolorosa

Na praza da Constitución:
CERIMONIA DO SANTO ENCONTRO

No adro de Santa María:
CERIMONIA DE DESPEDIDA

N.B. Participarán a soprano Clara Jelihovschi Panas e o pianista David Jelihovschi. Acompañarán a procesión a Banda de gaitas e tambores Zucurrundullo de Castroverde (Lugo), a Banda de Gaitas Agarimo de Ferrol, a Banda de Música de Abegondo e a Grupo de Gaiteiros das Mariñas.

VENRES SANTO

A Igrexa, meditando sobre a Paixón do seu Señor e esposo e adorando a Cruz, conmemora o seu propio nacemento e a súa misión de estender a toda a humanidade os seus fecundos efectos, que hoxe celebra, dando grazas por tan inefable don, e intercede pola salvación de todo o mundo.

CELEBRACIÓNS:

VIA CRUCIS
12:00 h: Na igrexa de San Domingos

CELEBRACIÓN DA MORTE DO SEÑOR
15:30 h: Residencia García Irmáns
17:00 h: Igrexa de San Domingos

PROCESIÓNS:

19:30 h: SANTO ENTERRO
Sairá da igrexa de San Domingos cos pasos do Cristo das Ánimas, a Nosa Señora da Angustia, o Santo Sepulcro e a Nosa Señora da Soidade

N.B. Acompañarán a procesión a Agrupación musical Virxe da Amargura e a Banda das Angustias, ambas de Ferrol. 

22:00 h: OS CALADIÑOS
Sairá da igrexa de San Francisco cos pasos da Santa Cruz e da Nosa Señora das Dores.

N.B. Acompañará esta procesión a Agrupación musical Virxe da Amargura, de Ferrol. En ambas as procesións participarán a soprano Clara Jelihovschi Panas e o pianista David Jelihovschi.

SÁBADO SANTO

Durante o sábado santo a Igrexa permanece xunto ao sepulcro do Señor, meditando a súa paixón e morte, o seu descenso aos infernos, e abstense absolutamente do sacrificio da misa.

Segundo unha antiguísima tradición, esta é unha noite de vela na honra do Señor e da vixilia que ten lugar nesta, e conmemórase a noite santa na que o Señor resucitou, debe considerarse como «a nai de todas as santas vixilias» (Santo Agostiño). Durante a vixilia, a Igrexa agarda a resurrección do Señor. Esta vixilia é figura da Pascua auténtica de Cristo, da noite da verdadeira liberación, na cal «rotas as cadeas da morte, Cristo ascende vitorioso do abismo».

VIXILIA  PASCUAL

19:00 h: Residencia García Irmáns
21:00 h: Igrexa das Madres Agostiñas
21:30 h: Igrexa de San Domingos

DOMINGO DE PASCUA

Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade da solemnidade e a nosa Pascua: a resurrección do noso Salvador Xesucristo segundo a carne.

CELEBRACIÓNS DA MISA DE PASCUA

09:00 h: Igrexa das Madres Agostiñas
10:00 h: Igrexa da Nosa Señora dos Remedios
12:30 h: Igrexa de San Domingos
18:30 h: Igrexa de San Francisco
19:30 h: Igrexa de San Domingos

FELIZ  PASCUA  DE RESURRECCIÓN

DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO

Organiza

Patrocina

Patrocina

Patrocina

Colaboran