BASES 2022
1ª PARTICIPANTES
Poderá participar no concurso calquera persoa maior de 18 anos e residente en España.
2ª TEMÁTICA
O tema principal será a Semana Santa de Betanzos, en todos os seus ámbitos: imaxes, actos, cultos en honor ás nosas imaxes e admítense tamén fotomontaxes.
3ª OBRAS
Cada participante poderá presentar un máximo de 5 obras orixinais e inéditas e non habéndose presentado con anterioridad noutros concursos ou calquera outro medio dixital ou impreso. Os participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao concurso.
4ª PRESENTACIÓN
As obras deberán ter o tamaño dun folio e irán presentadas en papel fotográfico e no dorso deberá figurar o título da obra e o autor. Ademais deberán achegar en soporte informático en formato JPEG, a unha resolución de 300ppp (mínimo 3 megapíxeles) as obras presentadas, sendo o nome do arquivo o mesmo que o título da obra.
A entrega do material realizarase na recepción do Museo dás Mariñas de Betanzos.
5ª PRAZO DE ADMISIÓN
O prazo para presentar as obras estará aberto do 18 de Abril ao 28 de Abril de 2022 (ambos inclusive). Non se admitirán obras presentadas con posterioridade a esta data.
6ª EXPOSICIÓN
As obras permanecerán expostas ao público do 3 do ao 25 de xuño de 2022 no edificio Liceo.
7ª PREMIOS
Ao gañador/a faráselle entrega dun diploma e a súa obra será publicada no cartel correspondente da Semana Santa 2023 (sempre que a calidade se axúste ás necesidades técnicas e de formato de impresión vertical do cartel). O diploma entregarase o día da presentación do video oficial (30 de abril de 2022) no Liceo.
8ª FALLO
O fallo do xurado producirase o 29 de abril de 2022 e será comunicado expresamente pola organización aos premiados. Do mesmo xeito, a Cofradía publicarao no seu perfil de Facebook.
9ª O XURADO
O xurado estará formado por un equipo designado pola Xunta directiva da Cofradía e estará constituído por distintos membros do mundo da arte, prensa, fotografía e cultura atendendo a criterios de creatividade e calidade técnica. Actuará como secretario (sen voto) un membro do equipo directivo.
10ª DEREITOS DE AUTOR
As fotografías presentadas pasarán a formar parte do arquivo da Cofradía; a propiedade intelectual e autorías serán sempre do autor/a. A Cofradía resérvase o dereito de utilizalas no futuro, non tendo que facer constar obligatoriamente en futuras reproducións impresas ou por calquera medio digital o nome do autor/a.
11ª ACEPTACION DAS BASES
A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e do fallo inapelable do xurado.